Co pau do Eliseo a espera dunha boa marea para podelo montar, tocoulle quenda o pau da bote Sueste que partiu cun refacho de norte hai unha semana cando uns socios andaban a dar unha volta así como a vela do mesmo que sufriu algún dano durante a rotura do pau.
Tamén pouco a pouco continuas os traballos na dorna Dúas Lúas desta volta foi primeiro unha limpeza a fondo no interior e despois acabar de masillar as zoas que aínda estaban pendentes.
O pau rompeu a ras da cuberta polo que agora queda 60 centímetros mais curto.
Unha imaxe do 2011 e outra de hoxe para comparar o resultado.
Asun dándolle a agulla para coser a vela.
Interior da dorna o comezar a limpeza e o resúltao final.
Non faltaron "voluntarios" para darlle a espátula e a masilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario