jueves, 26 de agosto de 2021

Comunicado oficial do Comité Organizador do XV EETG

 

Comunicado: suspensión do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais

 

 

         O cambio de situación epidemiolóxico do Concello de Moaña, de nivel medio de restricións a nivel alto anunciado hoxe pola Xunta de Galicia, vendo a tendencia á alza dos datos de casos activos en Moaña e na área sanitaria de Vigo, ante unha posible entrada no nivel extremo na vindeira semana, desde o comité organizador avaliamos que non se dan as circuntancias favorables para desenvolver con plenas garantías o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

 

         Desde a organización levamos máis dun ano traballando no evento, intentando por todos os medios e ata o último momento celebrar o Encontro, que contribuiría a dinamizar a economía local, a que Moaña desfrutase da cultura e do patrimonio marítimo pesqueiro galego, a mostrar a quen nos visitase a nosa esencia de vila mariñeira; mais a situación sanitaria na que está inmersa Galicia fainos tomar unha decisión difícil e complexa.

 

         Somos conscientes de que hai tripulacións e delegacións que xa están en camiño, persoas voluntarias comprometidas coa celebración, colectivos e entidades colaboradoras, por iso lamentamos moito as molestias que lles poida ocasionar esta suspensión e pedimos desculpas polas mesmas.

 

         Por último, queremos agradecer e recoñecer a todas persoas, entidades e patrocinadoras desta edición o seu compromiso e a súa colaboración.

 

 

 

O Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais.

 

1 comentario:

  1. Harrah's Casino and Resort - Mapyro
    Find your 구미 출장마사지 way around the casino, find 구리 출장안마 where everything is located with the latest 제주 출장안마 casino news, 당진 출장마사지 Harrah's Resort Atlantic City, 김제 출장마사지 New Jersey, United States.

    ResponderEliminar