Interesante presentación hoxe do libro "As canteiras do litoral de Moaña" de Tamara Campo a cal falou polo miúdo do patrimonio industrial e do intenso traballo de investigación levado a cabo nos arquivos da Autoridade Portuaria de Vigo así como no do Concello de Moaña e tamén entrevistas a persoas que aínda gardan o recordo de como era o funcionamento daquelas canteiras.
Tamén agardamos con impaciencia as fechas das visitas guiadas despois do bo sabor de boca deixado por Óscar Rodríguez representante da asociación "A Illa Dos Ratos".
Non esquezades pedir praza para estas visitas antes de que se esgoten.
As visitas guiadas serán o Domingo 19 de Agosto e os Domingos 2, 16 e 30 de Setembro. Non esquezades de inscribirse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario