A Deputación de Pontevedra, na
súa sesión do 19 de maio de 2023, acordou conceder unha achega económica á
Asociación Sueste por un importe de 7995,57 € para a continuación da
rehabilitación do galeón das rías “Eliseo”, propiedade da nosa entidade., a
través da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro
para a recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial na
provincia de Pontevedra para o ano 2023.
Estas importantísimas axudas
económicas por parte do organismo provincial son moi necesarias para o
mantemento das embarcacións tradicionais. Os barcos tradicionais requiren de
moito mimo e coidados para a súa satisfactoria conservación. Estes coidados e
mimos teñen uns custes elevados para calquera asociación, de aí a xustificación
destas subvencións; sen elas, moitas delas non poderían conservar e pór en valor as embarcacións tradicionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario