domingo, 13 de abril de 2014

Curso carpintería de ribeira

Onte sábado iniciouse o curso de carpintería  nas nosas instalacións do estaleiro de Calragho, o final foron oito os seleccionados para o curso, cun par de baixas este primeiro dia por motivos laborais.
Este primeiro dia serviu de toma de contacto, para que todo o mundo coñecese os distintos nomes das partes dun barco e os nomes de todas as pezas de madeira que o conforman. O carpinteiro tamén explicou como vai ser o proceso de reconstrución do bote. Catro horas de charla que non chegaron a nada.


Os alumnos atentos as explicacións do carpinteiro.


Tomando notas das explicacións para non perder detalle.

1 comentario:

  1. Unha iniciativa estupenda para revalorizar as embarcacións tradicionais e a carpintería de ribeira. Força!

    ResponderEliminar