A raíz do debate xurdido durante as xornadas que durou a exposición sobre o proxecto do paseo da Seara no dia de onte a Asociación de Veciños A Praia - A Seara de Moaña levou nun dos puntos da orde do dia da súa asemblea a votación dunha nova alternativa sobre o paseo, contemplando esta alternativa que o carril bici discorra pola parte interior dos estaleiros e a senda peonil nunha pasarela sobre o mar. Contou coa intervención do arquitecto que propón a nova variante e mais coa do noso presidente Pablo Martinez, a iniciativa foi aprobada por unanimidade e será presentada no pleno do próximo xoves.
Proposta presentado pola Asociación Veciñal
O noso presidente nun momento da súa intervención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario