Este pasado fin de semana foi o ultimo dos dous que tivemos aberta a exposición informativa sobre o paseo da Seara. Cunha gran afluencia de publico superando o igual que a charla informativa do pasado dia 11 todas a nosas expectativas.
Se algo nos quedou claro foi a gran desinformación que existe entre os veciños, todo mundo esta a favor do paseo pero devido a campaña de desinformación levada a cabo dende a alcaldía os veciños pensan que o paseo que se vai facer e o proxectado polo arquitecto Juan Fernández Rivas mostrándose contrariados cando lle explicamos cal e o proxecto que se pretende facer.
O alcalde nas súas declaración ante a prensa sempre presenta o proxecto ganador do concurso o da empresa Lagares Ok pero lee a memoria do proxecto do arquitecto Juan Fernández Rivas o xa tan coñecido conto de "un carril bici de 700 metros e unha pasarela de madeira 6 metros de ancho e 200 de lonxitude, con sete novas baixadas ao mar, ordenamento do entorno da Casa do mar coa creación dun aparcamento de 48 prazas, a reparación ou renovación do pavimento de toda a zona interna pública e as dúas ramplas e escaleiras en pedra existente". Cando nada diso esta contemplado no proxecto de Lagares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario