O pasado dia 11 celebramos no estaleiro de Casqueiro o charla informativa sobre o proxecto do paseo da Seara, cunha gran asistencia de publico que superou todas as nosas expectativas.
Na charla falaron Pablo Martinez, presidente de Sueste, Victor Fernández representado a FGCMF e Juan Fernández Rivas arquitecto de Moaña.
Pablo fixo unha presentación da asociación e sobre as actividades que facemos e levamos feitas o longo dos 11 anos de vida da mesma. Victor falou sobre o patrimonio marítimo que e por que hai que conservalo e por ultimo Juan falou da zona onde se vai facer o paseo de súa evolución o través da historia e fixo a presentación do seu proxecto.
Foto do acto. Foto by Territorio Morrazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario