O Eliseo levaba atracado en O Freixo dende a fin de semana pasada que rematou o XI Encontro. Saímos de O Freixo arredor das dez da mañá para chegar a Combarro a iso das seis e media da tarde. Navegamos a motor toda a xornada, axudados polo foque e o trinquete unha vez que viramos a punta de Corrubedo e o vento entrounos algo favorable.
Esta e a rota que seguimos, foron 40,2 millas a unha velocidade media de 4,8 nos.
O Eliseo quedou fondeado en Combarro a espera da súa concentración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario