Hoxe, 3 de xullo, comezouse a calafatear a cuberta do Eliseo. Esta obra está sendo realizada polos operarios da Carpintaría de ribeira Vicente & Tito, que ten o seu taller en San Adrián de Cobres. Esta obra forma parte das obras subvencionadas polo Programa Proamare.
O traballode calafateo consiste en tapar as xuntas das táboas que conforman a cuberta do barco, de maneira que impida o paso da auga á bodega, tanto doce como salgada, e lograr así a estamnqueidade pola cuberta. Para iso, o carpinteiro introducirá entre cada dúas táboas a suficiente estopa ben prensada. Posteriormente, recobrirase a estopa con brea ou outro material para impermeabilizala. Estes traballos adoitanse realizar no verán, especialmente a finais, que é cando se atopan as táboas da cuberta máis separadas entre elas debido á calor.
Na foto pódese aprezar a estopa, os ferros de calafatear e o martelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario