domingo, 4 de agosto de 2013

XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Xa pasaron vinte dias do remate do XI Encontro sendo hora de facer unha pequena crónica. Esta edición dos Encontros de Galicia realizouse no Freixo.  O Freixo, parroquia do concello de Serra de Outes, foi berce de grandes construtores de barcos, a súa sona foi expandiuse por todo o litoral galego.

A distancia nos fixo andar algo escasos de tripulación pero sempre hai sente dabondo esperando para embarcar.  Barcos  de  todo tipo chegados de toda Galicia, País Basco e Cataluña. 
As actividades neste XI Encontro  foron, como sempre, moi amplas e variadas, concertos de música, recitais de poesía, exposicións, conferencias e, por suposto, navegaciónsCon menos barcos que en outras ocasións pero co mesmo bo anviente de sempre por parte das tripulacións. Foron catro dias de moito navegar,  troulear e pouco dormir.


Preparación do racú Tirana para súa botadura.



Suso de Lajareu facendo a presentación da Insuabela.


Tripulantes do racú  A Oleira presentándose  voluntarios para quitar un cabo da hélice.


Sardiñas afumadas pola tripulación do Ria de Ferrol.


Tres embarcacións históricas nos encontros Fe en Deus, Nova Marina e a Jatiña.


Insuabela navegando.


Carpa-comedor chea durante a comida do sábado.


Vista do pantalan dos agora barcos medianos da flota.


O Rei do Mar con súas velas recicladas a espera das novas.


O RH-1 navegando nos seus primeiros Encontros.


Arditurri replica dunha merlucera construída por Albaola no ano 2003.


A Desexada 


O Illa de Cortegada dos Rompetimóns de Carril.




Un bateleiro a cana do Eliseo




No hay comentarios:

Publicar un comentario