lunes, 29 de junio de 2015

Paseo da Seara

Esperemos que séa certo e a única noticia que temos de momento descoñecemos se e fiable ou non.

Faro de Vigo-La Xunta considera adecuada la solución a los astilleros de ribeira en el paseo de Seara.


jueves, 25 de junio de 2015

Irregularidades do paseo da Seara

Coa obra do paseo apenas comezada xa son visibles algunhas das irregularidades do proxecto, como son o cerramento dos acesos o mar. De momento levan cegadas dúas escaleiras e mais unha rampla e outra escaleira serano en breve. A lei de costas e moi explícita en canto a isto dicindo que todas as servidumes de paso ao mar publicas  deberanse de manter.

Con respecto ás servidumes de acceso ao mar, no Real Decreto de Regulamento Xeral de Costas na súa Disposición transitoria duodécima que desenvolve os apartados 5 e 6 da disposición transitoria terceira da lei 22/1988, de 28 de xullo, di:
 1. As servidumes de paso ao mar actualmente existentes manteranse nos termos en que foron impostas.
 2. Os accesos públicos ao mar actualmente existentes e os construídos en virtude de prantexamento urbanístico aprobado con anterioridade á entrada en vigor da Lei 22/1988, de 28 de xullo, permanecerán destinados ao uso público, abríndose ao mesmo cando non o estivesen (disposición transitoria terceira 5 e 6 da Lei 22/1988, de 28 de xullo)”.


Dúas vistas da rampla situada o carón dos estaleiros.




Unha das escaleiras cegadas.


A outra das escaleiras cegadas a rampla o seu carón están a suplementala para coller a cota do paseo.


A única escaleira sobrevivinte aínda que por pouco tempo.


Reunión no Concello sobre o paseo da Seara


No dia de onte tivemos unha reunión no concello coa alcaldesa Leticia Santos, a tenente alcalde Marta Freire e mais o concelleiro de Urbanismo y Medio Ambiente Odilo Barreiro, fixéronnos chegar todas as xestións que están levando a cabo para que se modifique o proxecto do paseo da Seara, a si como todos os atrancos cos que se esta a atopar devido a que aínda que o paseo e unha obra promovida polo concello todas as competencias sobre a mesma son da Xunta de Galicia. 

Xa mantiveron unha reunión coa empresa que esta a efectuar as obras e nos próximos dias terán unha reunión co director do proxecto Fausto Nuñez.

A intención do Concello e que se se faga unha pasarela voada para salvar os estaleiros e que sexa practicable nas zonas das vías de varada.

martes, 23 de junio de 2015

Paseo da seara

Faro de vigo-El bipartito pedirá a la Xunta que salve las carpinterías de ribeira.

Otro de los asuntos que estaban sobre la mesa en la reunión de ayer entre el nuevo gobierno moañés y Covsa es el del paseo de Seara. Lo financia la Axencia Galega de Infraestructuras y las obras comenzaron hace varias semanas. El ejecutivo buscará una reunión con la dirección de obra para buscar una modificación en el proyecto "que salve os dous estaleiros provisionais. Pois a estructura de ambos se vería afectada en seis metros na súa fachada ao mar", explican Freire y Barreiro.

En la reunión, que presidió la alcaldesa Leticia Santos, la empresa se mostró dispuesta a una variación siempre y cuando la Xunta lo acepte, dado que es la encargada de pagar los trabajos. "A intención que temos é xestionar a catalogación das cinco carpinterías de ribeira do litoral moañés como ben patrimonial de especial protección. Sería o primeiro paso para a súa rexeneración", indican desde el ejecutivo bipartito.

Aparcamiento


Solicitaron, así mismo, que se acelerasen los trabajos en el primer tramo de este paseo que unirá las dos principales sendas peatonales de la villa. Y es que las operaciones afectan a la zona de aparcamiento anexa al centro de salud, inutilizando la mayor parte de las plazas de estacionamiento desde el inicio de las obras.

Paseo da Seara



MOAÑA

O executivo moañés negociará coa Xunta que se modifique o paseo de Seara para salvar a carpintaría de ribeira

O trazado do paseo marítimo de Seara é unha das prioridades do novo executivo bipartito de Moaña. Esta mañá, a alcaldesa Leticia Santos, o responsable de Urbanismo e Medio, Odilo Barreiro e o tenente alcalde, Marta Freire, mantiveron unha reunión con representantes da empresa encargada da execución das obras,Covsa, para tratar varios temas, entre os que resaltou o novo paseo.

A intención do goberno moañés é protexer o espazo da carpintaría de ribeira e realizar as modificacións que sexan necesarias para evitar que as obras e o trazado do paseo afecten a unha estrutura que reflicte a historia mariñeira. “Queremos que os veciños disfruten do paseo, pero tamén da carpintaría de ribeira”, aclaran. Por iso, trasladaron á empresa a súa postura, aínda que recordan que se trata dunha obra “allea para o Concello, que non ten poder de decisión, senón que o ten a Xunta de Galicia,”. Malia que a modificación do proxecto non é competencia directa da administración local, o executivo solicitará unha reunión con responsables da Xunta para estudar, xunto ao responsable da obra, unha alternativa que permita a convivencia de ambas as dúas infraestruturas. E é que, tal e como está concibido agora mesmo o proxecto, sería necesario retirar ata seis metros da actual carpintaría, “un risco que non estamos dispostos a admitir posto que podería derrubarse”.

Pola súa banda, a intención do goberno é iniciar o proceso de catalogación como Ben de Interese Cultural das carpintarías de ribeira do municipio para evitar posibles danos. Deste modo, buscaríase potenciar o encanto patrimonial dunhas estruturas que escasean nas Rías Baixas e que posúen gran valor histórico nas vilas de tradición mariñeira.

Avance das obras

Por agora, avanzan os traballos para a construción do novo paseo marítimo de Seara. Os operarios concentran a súa actuación na zona do aparcadoiro próximo ao Centro de Saúde, onde se fará unha modificación do ámbito para adaptalo ao trazado do carril bici e adecualo á senda peonil. Dende o executivo moañés sinalan que é “prioritario” rematar as obras nesta zona para que a vila conte con maior espazo de estacionamento en puntos clave, sobre todo coa chegada do verán.

A actuación continuará avanzando mentres quedan sobre o aire puntos conflitivos como a zona da carpintaría de ribeira, pendente de próximas reunións nas que se concretarían os puntos a seguir.

Morrazoaldia.

lunes, 22 de junio de 2015

Restauración bote Domaio

A pesar de que levamos meses sen facer ningunha entrada sobre o bote Domaio a súa restauración sigue adiante pouco a pouco, xa non queda ningún alumno dos que comezaron o curso, as obrigas fixeron que uns foran abandonado para ir entrando xente nova. Co costado de babor xa pechado so falta o ultimo banzo de estribor. Xa vai faltando menos para rematar.