jueves, 25 de junio de 2015

Irregularidades do paseo da Seara

Coa obra do paseo apenas comezada xa son visibles algunhas das irregularidades do proxecto, como son o cerramento dos acesos o mar. De momento levan cegadas dúas escaleiras e mais unha rampla e outra escaleira serano en breve. A lei de costas e moi explícita en canto a isto dicindo que todas as servidumes de paso ao mar publicas  deberanse de manter.

Con respecto ás servidumes de acceso ao mar, no Real Decreto de Regulamento Xeral de Costas na súa Disposición transitoria duodécima que desenvolve os apartados 5 e 6 da disposición transitoria terceira da lei 22/1988, de 28 de xullo, di:
 1. As servidumes de paso ao mar actualmente existentes manteranse nos termos en que foron impostas.
 2. Os accesos públicos ao mar actualmente existentes e os construídos en virtude de prantexamento urbanístico aprobado con anterioridade á entrada en vigor da Lei 22/1988, de 28 de xullo, permanecerán destinados ao uso público, abríndose ao mesmo cando non o estivesen (disposición transitoria terceira 5 e 6 da Lei 22/1988, de 28 de xullo)”.


Dúas vistas da rampla situada o carón dos estaleiros.




Unha das escaleiras cegadas.


A outra das escaleiras cegadas a rampla o seu carón están a suplementala para coller a cota do paseo.


A única escaleira sobrevivinte aínda que por pouco tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario