Durante o Encontro o sábado a tarde levouse a cabo a botadura da dorna de tope Roiba, esta dorna pertencía a familia Vázquez Molezún propietarios do chale A Roiba situado na praia de Beluso, a dorna levaba moitos anos colgada dunha parede no baixo de dito chale, foi construída polo carpinteiro Señor Marín fai mais de 90 anos.
Dorna de tope Roiba agardando na praia a súa botadura.
Embarcacións participantes no encontro.
Dúas vistas da dorna de tope Roiba.
Botadura da dorna.
Xa navegando moitos anos despois da súa ultima singradura.
O bote polbeiro Lagoas navegando cunha lixeira brisa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario