miércoles, 5 de agosto de 2015

XII Xuntanza de embarcacións tradicionais. "Coma unha áncora"

No dia de onte tivemos no estaleiro de Casqueiro a presentación do libro de Iria Collazo "Coma unha áncora" con un éxito de publico que desbordou nosas expectativas enchendo todas as cadeiras e con moita xente en pe, chegando a esgotar todos os exemplares da novela que había a venta.

Primeiro foi o quenda para Coral Rios, Concelleira de Cultura falou sobre o programa de Dias de Mar seguiu o quenda de noso presidente para falar sobre a nosa XII Xuntanza e os actos asociados a ela. Despois o poeta moañés Xosé Daniel Costas fixo a presentación dos interviñestes, continuou  o escritor-editor de Galaxia Francisco Castro que fixo un percorrido de como chegara a súas mas a novela a trabes dunha mensaxe no Facebook de unha rapaza chamada Auga Mar que lle dicía que acababa de escribir unha novela e non sabia que facer con ela e final mente Iria Collazo fixo un relato de todas aquelas cousas que lle habían servido de referencia e inspiración para desenrolar a trama da novela.


Xosé Daniel Costas facendo a presentación.



Francisco Castro editor de Galaxia facendo a presentación.


Iria Collazo en dous momentos da súa intervención.



Vista do estaleiro durante a presentación.


Firma de exemplares por parte da autora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario