Practicamente desde que lle pousemos as velas o Eliseo os zunchos do pau non fan mais que baixar por efecto da tensión dos obenques e os estais, xa fixeramos unha reparación no ano 2010 pero non xurdiu efecto, agora decidimos unir todos os zunchos mediante unha platina soldada esperemos que esta sexa a solución definitiva.
Penso que con dous tirafondos pasantes da ferraxe a o pao en cada un de eles, chegaría para fixalos e que non baixasen... hay moitos anos tiven una de nove metros con vela caranguexa e foi dabondo para non baixar.
ResponderEliminar