martes, 20 de mayo de 2014

Nova incorporación a flota de Sueste

Un novo barco ven a navegar polas augas de Moaña, tratase  da  dorna nai Dúas Lúas adquirida recentemente por un grupo de socios despois de que os intentos de mercala por parte da asociación fracasaran por non conseguir reunir os cartos suficientes.

Estaba a dorna en Combarro a onde chegou a finais do verán pasado, nun dos temporais do pasado decembro concretamente a do dia 24 a cicloxenesis explosiva Dirk fixo levantar o morto onde estaba amarrada a dorna, e levouna a bater con seu casco contra a zoa da praia de Pinela.

Os danos aínda que numerosos non revisten moita gravidade basicamente algúns banzos descravados e a quilla un pouco lambida do roce coa area, o estado xeneral e bastante bo. Segun nos informaron algún dos danos producíronse na manobra de rescate na cal tiveron que intervir dous camións e unha pa escavadora, durante o rescate chegaron a cortar o mastro cunha motoserra, o dia de noiteboa coa marea enchendo non había tempo de pararse a desmontar nada.

Aínda non sabemos a fecha da súa construción, polo que nos dixeron e da  década dos 50, pero non o sabemos con seguridade xa que a fecha mais antiga que aparece na documentación e a do ano 1985 que foi cando se lle fixo o cambio de folio para pasala da 5ª a 7ª lista.



Estamos a espera de que estes dias o carpinteiro lle bote man e repare os danos no casco  para podela poñer a flote xa que a intención e traela navegando para Moaña. Trataremos de  que este verán xa navegue deixando para o próximo inverno a reparación en profundidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario