Aínda que nun principio tiñamos previsto levar o Eliseo so hasta Pontesampaio e continuar a partires de aí co bote o final decidimos subir directamente co galeón aproveitando en enchente da marea, sorprendeunos a anchura do rio, a existencia dun pequeno portiño cunha enseada todo feito cunha coidada cantería o que sen dubida son vestixios dunha actividade pasada.
Conseguimos chegar ata a ponte medieval de Cámboa 4,5 quilómetros rio arriba.
O capitán Nemo e os seus buzos buscando tesouros na enseada de San Simón
Cruzando a ponte medieval de Pontesampaio onde tivo lugar unha importante batalla contra as tropas francesas entre os dias 7 e 9 de Xuño do 1809.
Vista panorámica do rio
Porto e enseada case que tres quilómetros rio arriba.
Peiraos, escaleiras e ramplas nas veiras do rio.
Vídeo con algúns momentos da viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario