domingo, 11 de noviembre de 2012

Estaleiro de San Adrián (Vilaboa)

O estaleiro de San Adrián onde se atopa o Eliseo, dende hai varios días, é coñecido polo estaleiro de Claudio. Podemos dar unha pequena referencia desta carpintaría de ribeira aportada pola filla do dono desta, Claudia Otero. A información é de primeira man, polo tanto poiderase ter en conta para calquera  outro traballo futuro.
Claudio Otero Vázquez comezou traballar con doce anos coma aprendiz de carpinteiro de ribeira no estaleiro de Enrique Ferradás de Domaio - Moaña.
No ano 1968, empezou a traballar pola súa conta.
No ano 1969, comprou o seu estaleiro aos herdeiros de "Collazo", que xa eran carpinteiros de ribeira. O estaleiro debe de ter máis de cen anos de antigüídade.
O sr. Otero xubilouse no ano 2002...
Hoxe en día é un dos poucos estaleiros de ribeira que segue en activo. Desexamos que, polo mínimo, sexa por outros tantos coma leva traballando.

sábado, 20 de octubre de 2012

O Eliseo en San Adrián



O Eliseo varouse no estaleiro de Claudio, rexentado actualmente por Vicente e Tito, en San Adrián de Cobres. Trasladouse o pasado luns día 15 para realizar unhas pequenas obras de mantemento y darlle patente ao barco. Estas obras realizáranse a medida que o tempo o permita, pois estes últimos días choveu demasiado e non puido secar o suficiente para pintalo.





sábado, 6 de octubre de 2012

Convocatoria de Asembleas

Están convocadas dúas asembleas: ordinaria e extraordinaria. Ao mesmo tempo, estamos organizando unha cea polo X Aniversario da Asociación Sueste.


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


                        Día: 17 de novembro de 2012.

                        Lugar: Centro Cultural de Quintela.

                        Hora: 17,30 horas en primeira convocatoria

                                  17,45 horas en segunda convocatoria.

                        Orde do día:

                                  1º.- Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior.

                                  2º.- Aprobación, se procede, das contas de anos anteriores.

3º.- Nomeamento, se procede, de socios de honra a todos os socios fundadores da Asociación Sueste.

                       

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA


                        Día: 17 de novembro de 2012.

                        Lugar: Centro Cultural de Quintela.

                        Hora: Rematada a Asemblea Xeral Ordinaria.

                        Orde do día:

                                 1º.- Elección de Xunta Directiva.

                                

miércoles, 1 de agosto de 2012

Eliseo no estaleiro

O mes de Agosto presentase cheo de actividades para o galeón por iso decidimos varalo para facerlle un bo lavado de cara así coma unhas reparación pendentes no bauprés.


lunes, 28 de mayo de 2012

X Encontro en 3D


Recordaredes que no Encontro de Carril lévanos un tripulante facendo fotos en 3D.
Pois estabamos a espera de ver o resultado despois de mirar a do Novo Sofia que subira no Xullo pasado a súa web, xa subiu  a seu Flickr varias fotos do Encontro, recordade que son en 3D e son necesarias unhas gafas desas cos cristais de dous colores, un azul e o outro vermello.

Este e o enlace a paxina web coa entrada do encontro  Hipotalamofilms.
E aquí o enlace do álbum dixital  Arosa 3D.



Este e o fotografo en plena acción.


E este o resultado, non esta desenfocada fan faia as gafas.


viernes, 6 de abril de 2012

O Eliseo no estaleiro

Estes días temos o Eliseo varado diante do estaleiro para facerlle algún pequeno arranxo e retocar a pintura.