ASEMBLEA XERAL
ORDINARIA
Día: 17 de novembro de 2012.
Lugar:
Centro Cultural de Quintela.
Hora:
17,30 horas en primeira convocatoria
17,45 horas en segunda convocatoria.
Orde
do día:
1º.- Lectura e aprobación, se procede
da acta da reunión anterior.
2º.- Aprobación, se procede, das contas de anos anteriores.
3º.- Nomeamento, se procede, de socios de
honra a todos os socios fundadores da Asociación Sueste.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Día: 17 de
novembro de 2012.
Lugar: Centro
Cultural de Quintela.
Hora: Rematada
a Asemblea Xeral Ordinaria.
Orde do día:
1º.- Elección de Xunta Directiva.
NOTA IMPORTANTE:
Ai igual que nas primeiras eleccións realizadas á Xunta Directiva da
Asociación, e debido a que os Estatutos non contemplan a maneira de realizar a
elección, a Xunta Directiva actual aproba que se realice do seguinte xeito:
a) Poderanse propór candidaturas ata o mesmo
momento da Asemblea Xeral Extraordinaria. As candidaturas estarán formadas por nove
membros da Asociación.
b) Realizarase a elección entre as
candidaturas presentadas, e a que resulte gañadora será proclamada coma Xunta
Directiva , que dirixirá a Asociación nos seguintes catro anos, na mesma
Asemblea.
É importante a túa asistencia. Se, por
calquera causa, non poideras asistir, prégamosche que delegues a túa
representación no socio que ti decidas. Para iso cubre a seguinte autorización
e que sexa entregada á Mesa no inicio da Asemblea.
D.
............................................................................................................................,
con D.N.I. nº .........................................., coma socio da
Asociación SUESTE delego a miña representación en D. ………………………………………………
con D.N.I. nº
…………………………………, só a efectos da miña representación nas Asambleas Xerais Ordinaria
e Extraordinaria do día 17 de novembro de 2007.
Asdo.
……………………………………………………………….
CEA X ANIVERSARIO DA
ASOCIACIÓN SUESTE.
Imos
organizar unha cea para celebrar os dez anos da Asociación Sueste, será o mesmo
día que realicemos as asembleas, 17 de novembro. Os interesados en participar
nela deberán poñerse en contacto con nós para inscribirse. En moi poucos días
indicaremos o lugar, hora da cea e prezo do prato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario