O estaleiro de San Adrián onde se atopa o Eliseo, dende hai varios días, é coñecido polo estaleiro de Claudio. Podemos dar unha pequena referencia desta carpintaría de ribeira aportada pola filla do dono desta, Claudia Otero. A información é de primeira man, polo tanto poiderase ter en conta para calquera outro traballo futuro.
Claudio Otero Vázquez comezou traballar con doce anos coma aprendiz de carpinteiro de ribeira no estaleiro de Enrique Ferradás de Domaio - Moaña.
No ano 1968, empezou a traballar pola súa conta.
No ano 1969, comprou o seu estaleiro aos herdeiros de "Collazo", que xa eran carpinteiros de ribeira. O estaleiro debe de ter máis de cen anos de antigüídade.
O sr. Otero xubilouse no ano 2002...
Hoxe en día é un dos poucos estaleiros de ribeira que segue en activo. Desexamos que, polo mínimo, sexa por outros tantos coma leva traballando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario