domingo, 12 de julio de 2015

Paseo da Seara

Morrazoaldia-Javier Carro formula ao goberno paralizar o paseo de Seara para estudar a legalidade do proxecto.



MOAÑA

Javier Carro formula ao goberno paralizar o paseo de Seara para estudar a legalidade do proxecto

Dende Coalición Independente por Moaña (XM) piden que se revise o documento para fomentar a “transparencia”.

Javier Carro, de Coalición Independente por Moaña (XM) presentou un escrito por rexistro para solicitar a paralización provisional das obras do paseo de Seara, que está a acometer a empresa Covsa. O edil formulará na próxima comisión de Urbanismo que se debata abertamente sobre un proxecto vital para a vila e recorda ao equipo de goberno, concretamente ao BNG, que existe un compromiso para asinar un proxecto consensuado con todos os partidos políticos, asociacións, colectivos e propietarios afectados.

Carro lamenta que o anterior executivo moañés, liderado por José Fervenza, tivese “nula transparencia” na presentación do paseo marítimo de Seara e consideran que o autor do proxecto, José Antonio González Ferreira, “non posúe a titulación necesaria para asinar o devandito plantexamento incumprindo así a normativa”. XM vai máis alá e indica que durante o concurso se presentaron 24 empresas pero finalmente se escolleu o proxecto de Lagares OK “sen mellora e por un importe de 420.000 euros, o que nos fai pensar nun posible amaño”.

Recordan que existen veciños con propiedades privadas “que non presentaron renuncias e estas beneficiaranse das posibles ampliacións das súas concesións”. Neste sentido, recalca que o trazado do paseo se realizará na fronte marítima, unha área que precisa “da autorización dos organismos oficiais empregados” que ahora mismo “non temos”.

Carro pide ao executivo que o proxecto se debata en común e se busque o consenso antes de continuar coas obras para evitar que o proceso careza de “transparencia”.

Jul 10, 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario