jueves, 30 de julio de 2015

Adeus o Carmen Barcia


Finalmente no dia de onte levaron a cabo o desguace do motoveleiro Carmen Barcia despois de que se afundira no porto de Vilagarcía o 25 de maio do pasado ano, tiveron que pasar dúas semanas de duro traballo para poder reflotalo finalmente acabou varado na rampla de O Cavádelo.

O barco fora construído nos  estaleiros Montes Ferrin de O Freixo no ano 1953 foi adicado a cabotaxe percorrendo case todos os portas da península e incluso recalando en portos africanos, no ano 1975 deixou súa labor como barco de carga para ser convertido en draga para extraer area do rio Ulla.

Despois de seu traballo como draga foi  abandonado, empezando súa nova andaina no ano 1994 na cal foi completamente restaurado o seu casco pero os problemas económicos acabaron de dar a puntilla cando xa faltaba pouco para completar a restauración, finalmente amarrado no peirao de Vilagarcía os invernos foron facendo estragos nas súas madeiras hasta seu afundimento.

Proxecto Carmen Barcia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario