jueves, 7 de agosto de 2014

Xuntanza “Centenario da Alianza Mariñeira 1914-2014” en Cangas

Nesta pasada fin de semana estivemos navegando por augas de Cangas, na xuntanza celebrada co gaio do centenario da fundación da Alianza Mariñeira.
Foi organizado por Mar da Pedra coa colaboración da Asociación pola Memoria Histórica “28 de agosto” asistimos unha ducia de embarcacións das rias de Vigo e Pontevedra,  foron a bordo dos nosos barcos membros da Asociación pola Memoria Histórica e familiares duns represaliados da guerra civil que fixeron unha ofrenda floral na zona da Borneira onde foran fondeados o 28 de agosto do 36, despois de escoitar unhas palabras sobre ese sucesos a cargo de Camilo Camaño.



O noso bote Sueste e o fondo o buque escola da Armada Portuguesa Creoula fondeado na praia de Rodas nas illas Cíes.




O choupan Terceira do G.C. Ronxel de Seixo.


A Jatiña de Portonovo navegando coa nova xeración a bordo.


Ofrenda floral na Borneira.


Os barcos participantes regresando a porto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario