Este sábado celebramos nosa XI Xuntanza, aínda que o tempo estaba bastante desapracible o final aguantou todo o dia sen chuvia. Pola contra o vento foi a mais a longo de todo o dia chegando pola tarde a ter que coller dous rizos no galeón.
Chegaron embarcacións de diversos portos da Ria de Vigo a maioría delas vellas coñecidas como novidades destacar a dorna Uxía chegada fai uns meses dende Ferrol o porto de Domaio e o choupan Terceira chegado dende Seixo, vella coñecida tamén a dorna Serea que xa ten participado en bastantes das nosas xuntanzas pero con seu anterior propietario e baixo o nome de Arao.
O igual que ocorrera no ano 2011 a marea permitiunos fondear os barcos o carón dos estaleiros a comida celebrámola no estaleiro de Casqueiro do cal facemos uso desde fai uns meses.
Galeón Eliseo navegando a toda vela.
O choupan Terceira do G.C. Ronxel de Seixo.
O incombustible Burbida con Paio a cana.
Un momento da comida no estaleiro de Casqueiro.
Os barcos fondeados e amarrados o carón do estaleiro.
Xa pola tarde o vento subiu bastante de intensidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario