viernes, 11 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña

Un ano mais celebramos a nosa xuntanza, e xa van dez. Foi pasado 10 de Agosto, contou a participación dun bo numero de barcos chegados de todos os puntos da ria e algúns da ria veciña.
Como novidades tivemos a dorna de tope Reiboa e mais a Begoña que aínda que con moitos anos nas súas cadernas e a primeira vez que acuda a unha xuntanza, e unha dorna  atípica que mistura os dous tipos de construción, a tope coa  táboa de cubrir de escarba, aparellada con cangrexa e foque.
E  dia non deu para moito mais navegación pola maña comida no estaleiro coma de costume amenizada este ano polo son das gaitas e pola tarde unha pequena regata de todos contra todos.


A falta de vento foi norma  longo do dia.



Burbida e Mecón dous dos nosos habituais.



As recen chegadas Reiboa e Begoña.




Dous momentos da comida e a festa posterior.




 O son da gaita tamén nos acompañou durante a tarde.


O arroaces tampouco quixeron perder nosa X xuntanza e acompañáronnos o longo de todo  dia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario