miércoles, 9 de octubre de 2013

X Xuntanza de embarcacións tradicionais - Intervención poética.


O mércores 7 de agosto asistimos no estaleiro de Carlagho a un impresionante acto poético e musical organizado pola Asociación Sueste dentro das actividade programadas no X Encontro de embarcacións tradicionais. Inaugurou o acto o noso presidente da asociación, Pablo Martínez.
O poeta moañés Daniel Costas, o coruñés Xosé Iglesias (o cal acompañou o recitado dun dos seus poemas co son dunha potente buguina) e a luguesa Mª José Fernández recitaron os seus poemas e os de outros autores galegos nos que estaba presente o mar. A poesía estivo acompañada da música; o dúo 2nafronteira foi o encargado de emocionarnos coas súas versións musicadas de poetas galegos como Rosalía de Castro.
O mar de Vigo estivo presente en todo momento como fermoso fondo do escenario.




Pablo e Benxa facendo a presentación do acto.


Mª José Fernández viu dende Lugo para recitar algún dos seus   poemas.


 Mariñeiro coruñés Xosé Iglesias en dous momentos da súa intervención.



 Carmen e Maurizio de 2nafronteira amizáronnos con súa musica.


Moañés Daniel Costas cerrou o acto con seus poemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario