martes, 18 de agosto de 2020

Presentación do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - 2021




 

O día 8 de agosto, presentouse no Salón de Plenos do concello de Moaña o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – 2021, que se vai realizar no entre os días 5 e 8 de agosto do vindeiro ano, na vila de Moaña.

Ao acto asistiron moitos dos colectivos locais e comarcais convidados a participar e colaborar no desenvolvemento deste evento; membros da Asociación Piueiro, que foron os encargados da organización do anterior encontro de 2019, en A Guarda; representantes dos grupos políticos municipais que conforman o concello de Moaña; a Diputada Delegada de Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra, Dª María Ortega.

No acto de presentación, aberto coa participación, sembre benvida, de Paulino quen, coa súa arpa, regalounos dúas pezas musicais,  interviron: Dª Coral Ríos, concelleira de Promoción Económica e Turismo; D. Pablo Martínez, presidente de Sueste; D. José Luis Sacau, presidente de Culturmar – FGCMF e o alcalde accidental, D. Odilo Barreiro.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é convocado por Culturmar – Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial cada dous anos. É a gran festa do mar. Consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional, artesanía, etc..

A celebración do mesmo, ten por obxecto principal poñer de manifesto a riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego e a necesidade de conservalo. Por outra banda, os Encontros serven para amosar o traballo no eido da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, é ó mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para os cidadáns e visitantes da vila que acolle o Encontro.

En próximas datas, quedará constituído o Comité Organizador do XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – 2021.

 

           Concerto de "Blues do País"

 

 O día 7 de agosto, organizado polo concello de Moaña e coa colaboración da Asociación Sueste, poidemos asistir a un espléndido espectáculo, o concerto de "Blues do país", no Eirado do Ferreiro.

O dúo está formado por Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas).

Versións de clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptadas á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…

Todo iso é posible con Blues do País.

Música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.

 






jueves, 16 de enero de 2020

AUTORIZACIÓN PARA O PROXECTO DO PASEO DE A SEARA POR PATRIMON

No Faro de Vigo de 16 de xaneiro publícase a nova da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio sobre a autorización do proxecto de Paseo de A Seara, na que se inclúen as carpintarías de ribeira de Casquieiro e Calragho. A autorización exclúe a pasarela que se pretendía para salvar o desnivel pola saída dos estaleiros ao mar.
VER MÁIS. https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/

martes, 17 de diciembre de 2019

Obras no estaleiro de Casqueiro

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/12/17/concello-preve-concluir-semana-retirada/2218951.html

El Concello prevé concluir esta semana la retirada de la vallas del astillero de Seara

Pese a la lluvia, el concejal de Urbanismo asegura que van a buen ritmo

domingo, 15 de diciembre de 2019

Obras de sostemento do estaleiro de Casqueiro

O concello de Moaña comezou o pasado luns o apuntalamento das paredes de pedra que aínda permanecen en pé, despois do lume intencionado do 10 de xuño de 2017 que derruíu a carpintaría de Casqueiro e afectou tamén a de "Calragho". Estas obras son imprescindibles para poder abrir o tramo de Concepción Arenal, valado polo risco de que poidesen caer pedras do estaleiro na beirarrúa. Este labor correspondería facela ao ente Costas do Estado pero, ante a súa deixadez, é o propio concello quen a acomete subsidiariamente.
A recuperación do paso pola beirarrúa de Concepción Arenal á altura do estaleiro de Casqueiro era unha demanda da Asociación de Veciños de Praia - Seara y de outros colectivos.

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/12/14/concello-retira-vallas-astilleros-seara/2217629.html





lunes, 9 de diciembre de 2019

Vídeo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en A Guarda

Enlace para ver o vídeo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de A Guarda, entre o 11 e 14 de xullo de 2014.
https://drive.google.com/file/d/1PXXtUJvM1OE9W8FHLXhaWHEID745wlz5/view?usp=sharing