miércoles, 27 de agosto de 2014

Comezo do traballo do pau para a dorna Dúas Lúas

No dia de hoxe empezaron os traballos para o novo pau da dorna Dúas Lúas. Comezamos por facer un plano a todo o longo da pau, para a continuación en vindeiras xornadas facer as catro caras coa medida xa definitiva. Cousas da vida temos un pau redondo ímolo facer cadrado para redondealo a continuación.



martes, 26 de agosto de 2014

A XIX Concentración de Combarro en Tele5

No seguinte enlace pódese ver unha reportaxe sobre a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro que Tele5 incluíu nas súas noticias do sábado a noite.


viernes, 22 de agosto de 2014

Novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas

Despois de moito buscar e barallar múltiples posibilidades dende facer un novo ata remendar o vello pau, o final demos atopado un novo pau para a dorna Nai Dúas Lúas, e un poste  dos que que se utilizan para os tendidos eléctricos e telefónicos.
Agora so queda algunhas tardes de cepillo eléctrico hasta obter o diámetro axeitado, polo de pronto na parte mais grosa temos 24 centímetros e o diámetro final e de 13,5 centímetros.


Xa nivelado enriba dos cabaletes a espera de comezar o traballo.

jueves, 21 de agosto de 2014

Joaquin Vieta en Moaña

No dia de hoxe tivemos en Moaña a visita do balandro Joaquin Vieta, estivo fondeado este mediodía na enseada de Moaña. Darlle  dende aquí a benvida a nosa ria xa que agora ten o seu porto base en Vigo.


O Fisgón observando o recen chegado.

martes, 12 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais

Este sábado celebramos nosa XI Xuntanza, aínda que o tempo estaba bastante desapracible o final aguantou todo o dia sen chuvia. Pola contra o vento foi a mais a longo de todo o dia chegando pola tarde a ter que coller dous rizos no galeón. 
Chegaron embarcacións de  diversos portos da Ria de Vigo a maioría delas vellas coñecidas como novidades destacar a dorna Uxía chegada fai uns meses dende Ferrol o porto de Domaio e o choupan Terceira chegado dende Seixo, vella coñecida tamén a dorna Serea que xa ten participado en bastantes das nosas xuntanzas pero con seu anterior propietario e baixo o nome de Arao.
O igual que ocorrera no ano 2011 a marea permitiunos fondear os barcos o carón dos estaleiros a comida celebrámola no estaleiro de Casqueiro do cal facemos uso desde fai uns meses. 


Galeón Eliseo navegando a toda vela.

lunes, 11 de agosto de 2014

XI Xuntanza de embarcacións tradicionais - Transfusión Oceánica

O pasado venres dentro dos actos da nosa XI Xuntanza tivemos a presentación do libro de poesía Transfusión Oceánica do mariñeiro-poeta Xosé Iglesias.

Estivo arroupado por outros poetas que recitaron todos unha poesía relacionada co mar, as poesías estiveron acompañadas de vídeos con temas relacionados co mar.

Xosé Iglesias estivo acompañado po los poetas  Xosé Daniel Costas Currás,  María José Fernández López, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara Martínez, Nolín González,  Paco Souto e mais Daniel Rodas Chapela.