lunes, 31 de marzo de 2014
Curso de carpintaría de ribeira
ACTIVIDADE DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA
Dentro
das varias actividades que a Asociación Sueste realiza ao longo de todo o ano
atópase a de mantemento e recuperación e rehabilitación das embarcacións
tradicionais galegas, actividade importante para a asociación pois tenta dar a
coñecer unha profesión en declive e que tivo moita importancia en Moaña e en
case todos os concellos ribeirás.
A actividade de
carpintaría de ribeira organizada pola asociación Sueste está aberta a todas as
persoas interesadas, sexan socios da asociación ou non teñan ningún tipo de
vinculación coa mesma. Levarase a cabo os sábados polas mañás, en horario de
aproximadamente de 10,00 a
12,30 horas no estaleiro que a asociación usufructúa na rúa Concepción Arenal,
nº 25 de Moaña, coñecido como estaleiro de “Carlagho”.
Para un mellor aproveitamento do curso e
por cuestións organizativas o número de prazas vai ser moi reducido (estará
limitado a unhas cinco persoas). Se o número de solicitudes fose máis numeroso
poderíase pensar en organizar varias quendas de traballo. A asignación das
prazas será por rigoroso orde de solicitude. O curso é totalmente gratuito,
subministrando a asociación os materiais que se precisen para levar a cabo a
actividade.
O programa do curso
correrá a cargo dun carpinteiro de ribeira moañés que se presta a colaborar coa
asociación Sueste no desenvolvemento desta actividade. A actividade pretende a
recuperación dun pequeño bote, auxiliar dun barco carboeiro e que foi cedido á
asociación por unha familia de Domaio. A recuperación desta embarcación
ampliará a flota de embarcacións da asociación. Ademáis
realizaranse outros labores de mantemento de pequenas embarcacións.
As solicitudes
remitiranse por correo electrónico ao enderezo da asociación asociacionsueste@gmail.com ,indicando
nome e apelidos, enderezo, correo electrónico ou teléfono de contacto, ou tamén
achegándose ao estaleiro da asociación, o estaleiro de “Carlagho”. Os menores de idade estarán debidamente autorizados
polos seus pais ou titores.
Sueste na prensa
Faro de Vigo-Fervenza intenta aprobar el proyecto de Seara, si no es en el pleno, en la junta de gobierno.
Fervenza (dhca.), con un técnico en una anteror visita a la zona donde se proyecta el paseo de Seara.
viernes, 28 de marzo de 2014
Sueste na prensa
Faro de vigo-Moaña rechaza el proyecto del paseo de Seara y reclama que se protejan los astilleros
Plano do paseo proposto pola Alcaldía onde os estaleiros aparecen en vermello.
jueves, 27 de marzo de 2014
domingo, 12 de enero de 2014
Temporal en Aguete
Todos os anos vemos noticias na prensa sobre barcos que acaban desfeitos contra as pedras da praia de Aguete, sen que saibamos moi ven a que e devido.
Neste vídeo pódese mirar o ocorrido no temporal do pasado dia de Reis, no vídeo mirase a dorna Capitana e os dous choupans dos nosos amigos de Ronxel que apesares da malleira que o mar lles da os seus fóndeos resistiron. Non correo coa mesma sorte un veleiro desfeito polo mar contra as rochas de A Moa así coma media ducia de botes que acabaron na praia con danos.
Neste vídeo pódese mirar o ocorrido no temporal do pasado dia de Reis, no vídeo mirase a dorna Capitana e os dous choupans dos nosos amigos de Ronxel que apesares da malleira que o mar lles da os seus fóndeos resistiron. Non correo coa mesma sorte un veleiro desfeito polo mar contra as rochas de A Moa así coma media ducia de botes que acabaron na praia con danos.
domingo, 27 de octubre de 2013
XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu
Os pasados dias 16, 17 e mas 18 de Agosto asistimos o encontro de Bueu co galeón, o venres aproveitando que estabamos en Bueu fomos cenar xurelos a Aguete invitados polos amigos de Ronsel. Xa o sábado tocou navegar, este ano a carpa da festa do polbo con estaba colocada o carón da lonxa como de costume senón na zona das Lagoas. O domingo xa tocaba retirada xaimos co Eliseo non para velear que non había nada de vento senón para dar un remolque a Capitana dos amigos de Ronsel que ían vogando cara Aguete. O Eliseo quedou amarrado en Bueu que o fin de semana seguinte tiñamos que ir a volta o mar en Sanxenxo.
Parece que estean esperando que alguén lles de a saída.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

