lunes, 28 de mayo de 2012

X Encontro en 3D


Recordaredes que no Encontro de Carril lévanos un tripulante facendo fotos en 3D.
Pois estabamos a espera de ver o resultado despois de mirar a do Novo Sofia que subira no Xullo pasado a súa web, xa subiu  a seu Flickr varias fotos do Encontro, recordade que son en 3D e son necesarias unhas gafas desas cos cristais de dous colores, un azul e o outro vermello.

Este e o enlace a paxina web coa entrada do encontro  Hipotalamofilms.
E aquí o enlace do álbum dixital  Arosa 3D.



Este e o fotografo en plena acción.


E este o resultado, non esta desenfocada fan faia as gafas.


viernes, 6 de abril de 2012

O Eliseo no estaleiro

Estes días temos o Eliseo varado diante do estaleiro para facerlle algún pequeno arranxo e retocar a pintura.



miércoles, 2 de noviembre de 2011

Temporal na ria


Un forte temporal de vento e mar que se levantou a media mañá esnaquizou o bote que nos doaran hai uns días, as dúas péquenas chalanas que usamos de auxiliares resistiron mellor a forza do mar por estar amarradas a un morto e non a un rizón coma o bote, pero aínda así acabaron afundidas pola forza do mar.
O outro bote amarrado o noso carón saía mellor parado xa que a pesar de fallar tamén o seu fondeo só sufriu danos menores por atoparse nunha zona máis protexida.
Nun principio parece que os grandes danos sufridos van facer  difícil a súa recuperación.


martes, 25 de octubre de 2011

Bote de Cesantes

Hai uns días mandáronnos recado ir a buscar un bote de Cesantes que se atopa na enseada do Con. Levábamos algúns anos detrás deste bote pero pedían un prezo moi elevado por el, aínda que pertencía a un mariñeiro o bote levaba algúns anos fondeado sen uso polo cal estaba algo deteriorado.
Nunha primeira inspección miramos que o temporal de fai uns dias arrincoulle parte do espello, polo cal ante o perigo de que se afundira decidiron doalo a asociación.


martes, 11 de octubre de 2011

Reparación da verga

Sen perder tempo hoxe fixemos reparación da verga, o primeiro buscar un pau axeitado para empalmarlle ( un pau que Manolo tiña a secar para o seu bote foi a medida). Despois facerlles un chaflan de case un metro e por ultimo colalos para mañá repasar todo, intentando que este lista para a fin de semana que hai unha saída prevista cos socios.


lunes, 10 de octubre de 2011

Rotura da verga

Hoxe pola tarde aproveitando que sopraba unha brisa do norte e o bo día que estaba, saímos a navegar co Eliseo.
Cando xa viñamos de regreso,  o vento foi subindo de forza, estando  altura da praia de Limens os fortes refachos ían cada vez a mais polo que decidimos coller dous rizos a vela maior.
Xa co vela de novo arriba a navegación foise moito mais tranquila, apenas 15 minutos despois un forte  refacho de vento seguido do ruído de tronzar da madeira fixo que todos levantaramos a vista para mirar a verga en dous cachos.


sábado, 8 de octubre de 2011

Naufraxio do Centoleira

O naufraxio do Centoleira, ocorrido o 5 de xaneiro de 1964, volveu tinguir de negro a vila de Moaña, neste enlace pódese ampliar a información, http://www.delmorrazo.com/tribuna/naufraxio-do-centoleira.html.