Cando xa viñamos de regreso, o vento foi subindo de forza, estando altura da praia de Limens os fortes refachos ían cada vez a mais polo que decidimos coller dous rizos a vela maior.
Xa co vela de novo arriba a navegación foise moito mais tranquila, apenas 15 minutos despois un forte refacho de vento seguido do ruído de tronzar da madeira fixo que todos levantaramos a vista para mirar a verga en dous cachos.
Ao día seguinte, no estaleiro, miramos a causa da rotura, catro nós na madeira creaban unha zona de debilidade e seguramente a driza do pico con demasiada tensión tamén axudou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario