Os socios e membros da XD da asociación Sueste, Cándido Miranda e Pablo Martínez, ao igual que en outras ocasións, realizaron unha presentación e charla no colexio Reibón de Moaña. Explicáronlles aos alumnos/as dos cursos de 5º e 6º de Primaria a orixe e características das embarcacións tradicionais galegas, dos comezos da navegación e unha breve exposición sobre a nosa asociación. En próximas xornadas continuaranse con estas actividades e coa, quizais máis interesante para os rapaces e rapazas, navegación no galeón Eliseo polas augas de Moaña.
A asociación Sueste realiza estas charlas a petición dos colexios interesados co ánimo de promover entre a rapazada o coñecemento desta riqueza etnográfica que temos e que, moitas veces, descoñecemos. Un dos obxectivos da entidade é xuntamente a posta en valor das embarcacións tradicionais galegas e todo o entorno que as rodea. Sueste presta a súa colaboración todos os centros educativos que o demanden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario