jueves, 16 de febrero de 2023

PUBLICADO NO FARO DE VIGO 16.02.2023

 Costas concede a Moaña os terreos para rematar o paseo de Seara tras case 4 anos de espera

Antes de pechar a concesión, de 15 anos, o concello deberá presentar un informe sobre a dinámica do litoral da zona. Patrimonio acepta unha pasarela desmontábel sobre a rampla de varada dos estaleiros

En xuño do 2019, o concello de Moaña remitiu a Costas do Estado o seu proxecto para a fronte marítima do casco urbán que busca rematar o sendeiro peonil polo litoral, acondicionar o espazo cunha gran praza e rehabilitar as dúas carpintarías de ribeira existentes.

Esta semana e despois de tres anos e oito meses de espera, o organismo remitiu o seu visto bo a unha concesión de 15 anos prorrogábeis ata 30.

O asunto terá que presentarse no pleno do vindeiro xoves 23 para que os concelleiros acepten as condicións para recibir a concesión dunha superficie que ascende a 4965 metros cadrados de dominio público marítimo - terrestre. Ademais desta aceptación, o goberno local bipartito espera acadar que o pleno delegue na alcaldesa; Leticia Santos, as atribucións para tramitar a concesión, e é que Costas outorga ao concello un prazo de dez días, como condición previa, para presentar varios informes de carácter medioambientaly, antes de formalizar o acordo de concesión.

O primeiro destes requisitos é unha avaliación dos posíbeis efectos do cambio climático sobre os terreos onde se vai situar a obra, seguindo o disposto nos artigos 91 e 92 do Regulamento Xeral de Costas. O segundo documento a presentar este mesmo mes nun estudo básico sobre a dinámica litoral da zona. "O prazo que nos dan é moi curto, de aí que pidamos no pleno outorgarlle as atribucións á alcaldesa", apunta a rexidora.

Ista concesión coñécese só dúas semanas despois dunha reunión entre representantes do bipartito e o xefe provincial de Costas, Miguel García, quen desvelou que o resultado positivo da solicitude coñeceriase a curto prazo. A chave para desbloquear un trámite que levaba anos en proceso é o visto bo de Patrimonio. iste organismo aceptou unha pasarela voada sobre as ramplas de varada dos estaleiros, que garante a súa vez a accesibilidade para as persoas con movilidade reducida. O proxecto básico foi redactado tras varias reunións con colectivos veciñais e inclúe a construción do tramo de paseo entre a Casa do Mar e as inmediacións do edificio Salitre. Isto completará un quilométrico sendeiro polo litoral entre O Con e a desembocadura do río do Barranco, en Samertolameu. O proxecto estima un custo total de execución de 2,4 millóns de euros. No sendeiro e a humanización de todo o tramo vital da rúa Concepción Arenal investíranse 1,7 millóns. Os outros case 648000 euros necesitaranse para reconstruír e musealizar os dous estaleiros de madeira:Casqueiro e Carlagho


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario