A asociación organiza unha peregrinación a Santiago, cunha parte moi importante da mesma por mar. Para acadar a "Compostela" (quen estea interesado en obtela) debe acreditar un percorrido de 90 millas e coma mínimo 12 quilómetros andando. Co fin de conseguir achegarnos a dito número de millas, cómpre realizar varias singraduras polas rías de Vigo e Pontevedra.
O número máximo de participantes será de 12 e será por rigoroso orde de inscrición. Os socios/as terán, loxicamente, prioridade para participar. Está previsto levalo a cabo na última semana de xuño, comezando o venres, 24 ou sábado, 25.
Poderiase facer toda a ruta ou parte dela, sempre que esté garantido un número mínimo e suficiente de tripulantes. Falamos de catro persoas.
A ruta realizarase a gastos compartidos entre os tripulantes. A dormida será por conta de cada un: barco, albergue, camping, hotel, etc
O orzamento estimado amósase a continuación. É posible reducilo...
ORZAMENTO GASTOS BARCO E OUTROS:
Amarre barco: 30 €/noite X 7 = 210 €
Gasoil: Estimado 300
€
Gastos guía: Estimado 200
€
Total 710 €
Sendo 6 persoas, quedaría en 119
€/persoa
MANUTENCIÓN:
Almorzo: Estimado 5 €/día X 6 días = 30 €
Xantar: Estimado 6 €/día X 7 días = 42 €
Cea: Estimado 15 €/día X 6 días = 90 €
Total 162 €
Entendemos que o xantar faríase a bordo, mercando pola mañá
pan, bebida, conserva, queixos, etc..
O almorzo faríase en calquera cafetería que houbese preto
do porto de saída. Cabería a posibilidade de levar unha cociña pequena con
algunha ola ou tarteira e quentar leite con café e ter mercado o pan ou
galletas.
A cea poderíase facer en calquera local que se atopase
preto do porto deportivo.
ETAPA |
DATA
|
DÍA |
PERCORRIDO |
PERNOTA |
MILLAS
APROX |
1 |
24/06/22 |
Venres |
Moaña – Santradán |
Santradán |
6 |
2 |
25/06/22 |
Sábado |
Santradán – Moaña - Cangas
- Portonovo |
Portonovo |
24 |
3 |
26/06 /22 |
Domingo |
Portonovo – Aguete –
Combarro – Pontevedra - Portonovo |
Portonovo |
30 |
4 |
27/06/22 |
Luns |
Portonovo – Pedras
Negras - Vilanova |
Vilanova |
15 |
5 |
28/06/22 |
Martes |
Vilanova –
Pontecesures |
Pontecesures |
|
6 |
29/06/22 |
Mércores |
Pontecesures –
Santiago – Pontecesures |
Pontecesures |
|
7 |
30/06/22 |
Xoves |
Pontecesures – O
Grove |
O Grove |
|
8 |
01/07/22 |
Venres |
O Grove – Moaña |
Moaña |
95 |
|
|
|
|
|
|
Información ao telefóno 651676610. Por cuestións laborais, non sempre está ao dispor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario