Dentro das actividades organizadas pola concellaría da Mocidade do concello de Moaña e coa colaboración da Asociación Sueste, un grupo de usuarios de EMMO(Esclerose Múltiple do Morrazo) participaron na acción "O mar é de todos".
Partiron do Porto Deportivo de Moaña, sobre as 10,30, no galeón ELISEO, recén restaurado pola entidade Sueste, e realizaron unha singradura ata as 13,30 pola ría de Vigo e a enseada de Moaña.
Os participantes quedaron en repetir a experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario