lunes, 9 de diciembre de 2019

Moaña libre de plásticos


O concello de Moaña está a por en marcha o proxecto “Moaña Libre de Plásticos”, financiada polo grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda para dar unha resposta integral contra a problemática dos plásticos no mar.

Dito proxecto ten como obxectivos: 

-           Formar á poboación e divulgar contidos en materia de contaminación por plásticos e microplásticos no medio mariño.
            -      Concienciar á veciñanza e acadar o seu compromiso ambiental. 
       -      Mellorar a contorna mariña do concello de Moaña, especialmente os ecosistemas litorais. 
       -      Contribuír á I+D+i mariña europea mediante a subida á aplicación ‘Marine LitterWatch’ de datos obtidos en limpezas do litoral.
       -      Eliminar as bolsas de plástico de todo o tecido comercial de Moaña. 


Para poñerse en contacto poden facelo no número de teléfono 690 208 034 

No seguinte enlace poden atopar máis información sobre o proxecto http://moana.libredeplasticos.gal/

No hay comentarios:

Publicar un comentario