O arquitecto Óscar Fuertes estudou e investigou durante varios anos, para a súa tese doutoral, a arquitectura das carpintarías de ribeira de Galicia, dándolle a importancia arquitectónica e etnográfica que se merecían. Óscar Fuertes participou na edición pasada da Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña cunha interesantísima conferencia, moi concorrida, sobre as Carpintarías de ribeira O seu traballo foi editado pola Xunta de Galicia o que nos vén amosar que tamén, no goberno galego do PP, hai variadas sensibilidades en contraposición á monolítica postura dos concelleiros do PP de Moaña, que apostaron sempre polo derrubo dos nosos estaleiros. Grazas que na consellería de Cultura e Educación atenderon a nosa petición de respectar e protexer estas instalacións senlleiras do noso patrimonio.
Os nosos parabéns a Óscar Fuertes por este novo premio, tan merecido polo seu traballo, que vén confirmar a nosa liña de traballo dende hai tempo.
Enhoraboa!!!
Vídeo da conferencia que Óscar Fuertes nos ofreceu na Xuntanza do ano pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario