sábado, 23 de junio de 2018
Os estaleiros da Seara catalogados como patrimonio cultural de Galicia.
Como xa sabedes, o día 21 de xuño saíu publicado no Diario oficial de Galicia a resolución que acorda a inclusión no Catálogo de patrimonio cultural de Galicia das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Carlagho.
Dende a Asociación Sueste queremos dar o noso máis sincero agradacemento a todos aqueles que nos acompañastes nestes anos de loita, unhas veces bogando contra corrente e outras navegando con ventos favorables, para conseguir a salvación e catalogación dos estaleiros da Seara.
Agora comeza unha nova loita para conseguir a revalidación do estaleiro de Casqueiro e a reparación do de Calragho danados no incendio do 10 de Xuño do 2017.
-Diario oficial de Galicia coa resolución que acorda a inclusión no Catálogo de patrimonio cultural de Galica das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Carlagho de Moaña-
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario