domingo, 20 de diciembre de 2015

Visitas escolares os estaleiros

Nas ultimas semanas tivemos dúas visitas de centros escolares os estaleiros.


Primeiro viñeron os alumnos de 3º e 4º curso do Ceip Plurilingüe Tiran, durante a súa visita asistiron a proxección dun vídeo sobre as embarcacións tradicionais de Galicia e despois divididos en tres grupos alternáronse o longo da maña para asistir a un taller para a construción de unha gamela de cartulina,  a unha demostración de aparellamento de das embarcacións e a unha taller  teorico-practico sobre a carpintería de ribeira amosándolles as diferentes pezas dun barco en construción o xeito de traballar coas distintas ferramentas e a un taller de nós.


Dias despois foron os alumnos de do IES Johán Carballeira de Bueu os que estiveron nos estaleiros pero estes para unha clase practica. Son alumnos de FP básica do departamento Actividades Marítimo Pesqueiras, o seu pan de estudos consta de 32 horas semanais, 16 de ditas horas son practicas desenrolándose nos talleres da Escola Marítimo Pesqueira de Bueu pero desta vez a clase practica foi no estaleiro onde tocoulles lixar, masillar e pintar os nosos barcos.




Lixando os cascos do Sueste e o Domaio.


Lixando a cuberta do Sueste antes de dar o laxur.



Masillando as puntas no bote Domaio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario