miércoles, 15 de octubre de 2014

Non todo vai ser navegar

Esta pasada fin de semana aproveitando o bo tempo empezamos coa reparación e limpeza do tellado do estaleiro de Casqueiro. A operación consistiu  en levantar todas as tellas para proceder a súa limpeza e cambiar algunha das madeiras que puideran estar deterioradas sobre todo algunha ripa xa que a acumulación de musgo fai que as tellas filtren humidade a madeira apodrecendo esta, empezamos pola fachada do mar por ser a que recibe toda a forza dos temporais que nos azoutan todos os invernos.


Apreciase claramente o antes e o despois da limpeza.


Xa falta menos para rematar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario