Lin estes días algunha nova na prensa referente á validez dos documentos esgrimidos no apoio de Colón pontevedrés.
O avó dunha compañeira de traballo, no colexio Abrente de Portonovo, e tamén amiga, don Celso García de la Riega, foi o iniciador da hipotese de Cristobal Colón galego. Posteriormente, Alfonso Philippot, vigués, recolleu esta teoría ampliándoa á identidade de Colon como Pedro Madruga, señor de Soutomaior.
A tese de Celso García de la Riega, defendendo o nacemento de Cristobal Colón en Poio - Pontevedra, baseouse en varios puntos:
1º Os documentos atopados nos cales aparecen Nicolás Oderigo, Bartolomé
Colón Domingo de Colón, el Mozo , Domingo de Colón el Viejo, María de Colón,
Blanca de Colón, Cristobo de Colón, Juan y Constanza de Colón, Benjamín
Fonterosa, Jacob Fonterosa, Abrahán Fonterosa e o seu fillo. En total 16 documentos
que falan de alugueres, vendas etc. Máis tarde, aparecerían outros pero non foron
coñecidos por D. Celso.
2º A lingua empregada por Colón tanto escrita como falada na cal aparecen
moitas voces galegas e non portuguesas. Nas notas que soía facer dos
libros que lía aparecen escritas palabras galegas.
3º Os nomes que lle ía poñendo aos distintos puntos xeográficos consonte
os ía descubriendo. Todos estes datos contemprados por separado ao mellor non darían ningún
significado pero contemprados en conxunto entranan unha gran casualidade,
tendo en conta que todos aparecen en Pontevedra e nas zonas de
arredores e de outros puntos de Galicia o cal non deixa de ser curioso, por
iso foi un dos puntos da teoría de Colón galego.
A nova é a seguinte:
Faro de Vigo - Los documentos de De la Riega son de la época de Colón y en ellos aparece la familia De Colón
tamén esta fai referencia ao mesmo tema:
Faro de Vigo - ´Es llamativo pensar que era genovés si se tiene en cuenta que no hablaba italiano´
Para máis información sobre este tema hai varios blogs moi interesantes, entre outros:
COLONIANOS - Celso García De La Riega partes 1,2,3 é 4
No hay comentarios:
Publicar un comentario