En Asemblea Ordinaria, celebrada o día 13 de abril, foron aprobados os proxectos para o ano 2013:
- Organización e realización dun curso para preparar os exames para a obtención do título de Patrón de embarcacións de recreo PER, en colaboración coa Escola Velamorrazo.
- Planificación e organización da X Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Agosto 2013.
- Planificación e organización, se se dispón da axuda solicitada á Deputación, dunha regata de galeóns. Agosto 2013.
- Participación en ARTE NA ILLA. 12 de maio.
- Solicitude de declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón Eliseo.
- Organización de regata de botes e dornas.
- Organización dun curso de navegación tradicional.
- Realización de obras de mantemento do galeón Eliseo.
Nesta asemblea aprobáronse as contas correspondentes ao exercicio 2012, así como tamén outros asuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario