martes, 1 de septiembre de 2020

Novos usos para os nosos vellos barcos

 A asociación Sueste, e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, organiza para os sábados 26 de setembro e 3 de outubro a acción de Iniciativa Xove: "Novos usos para o nosos vellos barcos".

A acción está dirixida a mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade. Hai un total de vinte prazas que se adxudicaran por orde de solicitude. O programa e totalmente gratuito para os participantes. Esta edición é a cuarta que organiza Sueste .

Os interesados deberán cumplimentar a solicitude co modelo de ficha que se inclúe a continuación ao enderezo asociacionsueste@gmail.com indicando os seus datos persoais.



 

martes, 25 de agosto de 2020

Curso de navegación en embarcacións tradicionais

 Na semana do 24 ao 28 de agosto estemos desenvolvendo a 4ª edición da actividade de navegación en embarcacións tradicionais, patrocinada polo concello de Moaña.

No curso participan 10 rapaces e rapazas aprendendo as técnicas de navegación nos barcos dos nosos avós e pais. Son catro botes nos que se realizan as practicas: o Domaio, o Serruchada, o Mecon e o Búrbida.