jueves, 17 de septiembre de 2009

Traballos no bote

Seguimos cos traballos no bote Domaio, cada dia falta un pouco menos para que este a de volta no mar.


sábado, 12 de septiembre de 2009

Homenaxe a Cabanillas

Rimas ao vento mareiro, baixo este titulo celebrouse en Cambados espectáculo plastico-poetico no marco do homenaxe a Ramón Cabanillas. Luís Rey fixo de condutor do acto que tamén contou como remate coa actuación do grupo de gaitas de Cultural Dorna.

martes, 8 de septiembre de 2009

Parrocheira 2009

Invitados polo Clube do Mar de Ferrol asistimos o pasado Domingo a XVII edición da Parrocheira celebrado no Ferrol Vello no porto de Curuxeiras.

Desta volta non levamos barco ningún xa que non tiñamos remolque dispoñible para levar o bote. Foi unha maña de domingo de agradábel velear pola Ria de Ferrol.

Graciñas a Susa por levarnos a navegar no Enxebre


martes, 25 de agosto de 2009

XIV Concentración de Embarcacións Tradicionais de Poio

Os pasados dias 21,22 e 23 celebrouse a XIV Concentración de Embarcación Tradicionais de Poio organizada polo clube mariño A Reiboa. A ela acudimos co galeón navegando a motor xa que seguimos sen velas.


lunes, 10 de agosto de 2009

VI Xuntanza de Embarcacións tradicionais.

O pasado fin de semana  de semana celebrouse nosa VI Xuntanza de embarcacións tradicionais, contou coa participación de un total de 22 embarcacións  celebrouse por segundo ano no peirao da Mosqueira.


     Empezamos a maña co volco do Galeonciño sen mais consecuencias que o susto e unha boa molladura.