ELECCIÓNS DE XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN SUESTE
As elección á
Xunta  Directiva celebrarase o día 22 de
febreiro de 2025, no concello Vello de Moaña, en Asemblea Xeral Extraordinaria
con este punto da orde do día, entre otros.
Para a elección de
membros  á Xunta Directiva da Asociación
Sueste, térase en conta os seguintes aspectos:
1.- A candidatura estará
formada por un equipo de 9 persoas:
                Presidente/a
                Vicepresidente/a
                Secretario/a
                Vicesecretario/a
                Tesoureiro/a
                Vicetesoureiro/a
                Vogal 1
                Vogal 2
                Vogal 3
2.- As candidaturas poderán
formalizarse ata o día anterior á asamblea xeral extraordinaria; é dicir, ata o
día 21 de febreiro, ás 24,00 horas. As propostas de candidaturas presentaranse
polo grupo de guasap de socios/as da asociación ou ben ao correo da mesma: asociacionsueste@gmail.com.
3.- Os membros do equipo que
participen na candidatura deberán ser socios/as de número da Asociación Sueste.
4.- Na mesma asamblea xeral
extraordinara do día 22 de febreiro, levarase a cabo a votación das
candidaturas presentadas.
 




