miércoles, 29 de enero de 2025

REQUIISITOS CANDIDATURAS Á XUNTA DIRECTIVA DE SUESTE

 

ELECCIÓNS DE XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN SUESTE

 

As elección á Xunta  Directiva celebrarase o día 22 de febreiro de 2025, no concello Vello de Moaña, en Asemblea Xeral Extraordinaria con este punto da orde do día, entre otros.

 

Para a elección de membros  á Xunta Directiva da Asociación Sueste, térase en conta os seguintes aspectos:

1.- A candidatura estará formada por un equipo de 9 persoas:

                Presidente/a

                Vicepresidente/a

                Secretario/a

                Vicesecretario/a

                Tesoureiro/a

                Vicetesoureiro/a

                Vogal 1

                Vogal 2

                Vogal 3

2.- As candidaturas poderán formalizarse ata o día anterior á asamblea xeral extraordinaria; é dicir, ata o día 21 de febreiro, ás 24,00 horas. As propostas de candidaturas presentaranse polo grupo de guasap de socios/as da asociación ou ben ao correo da mesma: asociacionsueste@gmail.com.

3.- Os membros do equipo que participen na candidatura deberán ser socios/as de número da Asociación Sueste.

4.- Na mesma asamblea xeral extraordinara do día 22 de febreiro, levarase a cabo a votación das candidaturas presentadas.


martes, 28 de enero de 2025

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN SUESTE

 

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

da

ASOCIACIÓN SUESTE

LUGAR: Concello Vello de Moaña

DÍA:     22 de Febreiro de 2025

HORA:                               10,00 hr            1ª convocatoria

                                            10,15 hr            2ª convocatoria

 

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2.- Aprobación, se procede, das contas correspondentes aos anos 2023 e 2024.

3.- Comunicación modificación cotas socios/as.

4.- Baixas de socios/socias.

4.- Outra información

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

LUGAR: Concello Vello de Moaña.

DÍA:  22 de febreiro de 2025

HORA: A continuación da Asemblea Xeral Ordinaria.

 

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, da modificación artigos 10 e 14 dos estatutos.

2.- Elección Xunta Directiva.


lunes, 30 de septiembre de 2024

NA DEFENSA DA VILA

 


                                    
                                    O galeón "Eliseo" trasladando aos piratas berberiscos


O galeón “Eliseo” da Asociación Sueste, acompañado do racú “Oleira” e do galeón “Coruxo” da Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas, participaron na “Defensa da vila” en Cangas, rememorando o ataque dos piratas berberiscos en decembro de 1617. A flota desembarcou aos atacantes ás 19,30 da tarde, levando o terror a vila canguesa.

Como vén sendo habitual, a Asociación Sueste colabora con “Teatro de Ningures” e coa organización da actividade, na representación do desembarco dos piratas berberiscos que se realiza todos os finais dos meses de setembro na vila canguesa.

Un catro de decembro de 1617 unha frota composta de once vaixeis atacaron a vila morracense, despois de intentar desembarcar no porto de Vigo onde foron rexeitados en dúas ocasión. A primeiras horas da mañá, uns 1000 homes desembarcaron na praia de Rodeira e en Punta Balea. Durante tres días, os berberiscos adicáronse a asesinar, violentar e saquear a vila e os arredores. Aínda tiveron tempo tamén de atacar outras poboacións coma Domaio onde tamén a asolaron.


martes, 6 de agosto de 2024

XIX XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE MOAÑA AGOSTO 24

 

 

PROGRAMACIÓN

XIX XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE MOAÑA – AGOSTO 24

 


Venres, 9 de agosto.

PRESENTACIÓN DA REVISTA SUESTE Nº 6.

Salón de Plenos do Concello de Moaña, ás 20,00 horas

 

Sábado, 10 de agosto.

CONCENTRACIÓN E NAVEGACIÓN das embarcacións tradicionais participantes na Xuntanza.

Peirao de A Mosqueira, as 12,00 horas.

 

Luns, 12 de agosto

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XURXO SOUTO: “SOMOS UN POBO DE ARTISTAS. O MÉTODO LUÍSA VILLALTA”, coa presenza de mulleres que traballaron nas fábricas de conserva.

Salón de Plenos do concello de Moaña, ás 20,00 horas

 

Martes, 13 de agosto

RECITAL POÉTICO

Xardíns do concello de Moaña, ás 20,00 horas

miércoles, 24 de julio de 2024

ACTIVIDADES SUESTE AGOSTO 2024


 Venres 9 agosto:  20:00 h. Presentación da revista. 
 Sábado 10 agosto:  XIX Xuntanza embarcacións tradicionais. 
 Luns 11: 20:00 h. Presentación do libro de Xurxo Souto: Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta. (Contaremos coa presencia de mulleres que traballaron nas fábricas de conserva). 
Martes 13 agosto: 20:00 h. Recital poético. 


martes, 2 de abril de 2024

Unha boa nova

Faleceu o capitán Babé

Faleceu na Alta Mar o rapaza que veraneaba en Asturias, o de terra adentro namorado da mar, o galego de adopción. Faleceu Javier Babé. Será unha dura falta para o mundo da náutica. Babé faleceu o pasado venres, 29 de marzo, abordo da súa goleta “La Peregrina”, durante a travesía do “Reto Astrolabio”, coma consecuencia dun fallo cardíaco. Atopábase a unha distancia de menos de 500 millas náuticas do seu destino, a illa A Desexada, unha pequeña illa ao sureste do Caribe, rematada a súa expedición. Coa autorización da súa compañeira e tamén tripulante de “La Peregrina”, o corpo de Babé foi amortallado e lastrado cunha áncora, na tarde do sábado, 30 de marzo para que descansase no fondo do mar como era o seu desexo. O noso pésame a súa viúva e fillos e tamén aos seus compañeiros e amigos da expedición “Reto Astrolabio”