jueves, 25 de febrero de 2016

Paseo da Seara

Morrazoaldia-As protestas polo Paseo de Seara obrigan a suspender o pleno de Moaña.

Faro de Vigo-El pleno de Moaña, suspendido por el paseo de Seara.


Morrazoaldia.-

As protestas polo Paseo de Seara obrigan a suspender o pleno de Moaña

A corporación non puido celebrar a sesión ante as persoas que se manifestaban no salón. Santos lamenta que non se puidese aprobar o recoñecemento de crédito para pagar facturas pendentes a provedores.

Moaña non puido celebrar o pleno deste xoves convocado para as oito da tarde. Máis de medio centenar de persoas esperaron a que a alcaldesa, Leticia Santos, dese comezo á sesión plenaria para empezar a cantar, gritar e pitar a favor dun “paseo pola beira do mar”. Durante 20 minutos a corporación esperou a que esa parte do público tranquilizárase e tentar celebrar a sesión, aínda que finalmente tivo que ser suspendida ao continuarse a protesta pola situación actual do paseo. A alcaldesa, Leticia Santos, tentou dialogar con representantes da denominada ‘Plataforma Beiramar’ e trasladar a necesidade de celebrar a sesión e poder debater os puntos do día, ao que se negaron con cánticos e máis asubíos. “Ante o impedimento declaramos a suspensión do pleno”, foron as últimas palabras da alcaldesa tras reunirse con representantes de todos os grupos (BNG, PSOE, PP e XM) e analizar a situación.

Tras a suspensión, a alcaldesa de Moaña asegurou que “nós cremos no procedemento democrático, pero están impedindo que se desenvolva o pleno”. A suspensión ten como consecuencia que non se poida aprobar un expediente recoñecemento extraxudicial de crédito de 512.600 euros, que servirían para que o Concello pagase facturas pendentes desde o ano 2012 a comezos do 2015. “Impídese que se poida cumprir coas obrigas cos provedores”, lamentou Santos, algo que tamén matizou o edil de Facenda. Aldán Santamarina apuntou que “moitos veciños e veciñas estaban a esperar este pleno” e que estaban reservados 350.000 euros para comezar a pagar parte das facturas de anos anteriores a partir da primeira semana de marzo, pero que pola suspensión non poderá comezarse.

“Respectamos as manifestacións pero non a falta de respecto pola democracia”, sinalou Leticia Santos. A alcaldesa resaltou que “o Concello non vai gastar máis diñeiro en celebrar plenos”, polo que a orde do día incluirase na sesión plenaria do mes de marzo. A rexedora lembrou que Moaña tampouco se poderá adherir ao convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a implantación do servizo de recollida e tratamento de vehículos abandonados. Tampouco se puido aprobar unha moción do BNG, con motivo do Día Internacional da Muller do próximo 8 de marzo, a través da que se instaría á Xunta de Galicia a elaborar un Plan de Emprego que incluíse axudas específicas para a creación de empresas femininas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario