domingo, 7 de febrero de 2016

Intento de agresión a un membro da Asociación Sueste.


Un vecino agrede a un joven que grababa el acto. // S.A.-Faro de Vigo

No dia de onte, na explanada que deixou o estaleiro de Eusebio e a casa do Ferreiro, en Moaña, houbo unha concentración de partidarios da continuación do paseo de A Seara polas carpintarías de ribeira. Non sabemos quen é o responsable ou responsables de tal convocatoria, pero si que estaban varios concelleiros do Partido Popular e tamén o anterior alcalde de Moaña, da mesma cor política.

Non imos entrar nos contidos das manifestacións alí verquidas polos intervintes, pois pensamos que son moitas falsas, outras erróneas e algunhas máis que indican o descoñecemento real da situación. Na mesma concentración atopábase unha persoa a título individual, e pertencente á Asociación Sueste, que estaba gravando e obtendo fotos do acto, acto aparentemente de carácter público e aberto a quen quixese, nun espazo público, con participación de personaxes de interese público, non sabemos se con autorización ou non. 

O terriblemente grave foi o intento de agresión que por parte de varios dos presentes na concentración cando foi recoñecido coma membro da Asociación Sueste, sufriu un membro da Xunta Directiva da nosa asociación.

Hai uns días houbo un conato de atentado intentando provocar un lume nun dos estaleiros dos que goza a asociación. Na nota de prensa que enviou a Asociación Sueste facíase fincapé no que considerábamos un feito illado e que estábamos seguros que iso só o poderían realizar unha mentes enfermas incapaces de valorar os danos que puidesen ocasionar. Sen embargo, co grave feito acontecido hoxe, e con moitas persoas que permitiron o intento de agresión, vemos que a actitude agresiva e virulenta destes elementos para aqueles outros que non coinciden con eles, non é só algo esporádico.

A Xunta Directiva da Asociación Sueste quere manifestar:

1.- Que nos solidarizamos e respaldamos totalmente ao noso asociado que sufriu un intento de agresión por individuos que rexeitan o diálogo e o debate como medio de conseguir un fin, que só entenden dos métodos violentes para chegar ao seu obxectivo. Esta persoa estaba facendo uso dos seus dereitos coma cidadán, e como veciño de Moaña.

2.- Responsabilizamos ao anterior alcalde de Moaña, José Fervenza, e aos concelleiros do grupo do Partido Popular que participaban na concentración, das futuras accións e posibles consecuencias que poidan ter todos estes actos violentos que están a suceder ultimamente.
Estamos convencidos de que os participantes neste intento de agresión avergonzáranse cando se vexan nas fotos e nos vídeos que poderían ser publicados, se así non fose diríase moi pouco no seu favor.

A XUNTA DIRECTIVA

No hay comentarios:

Publicar un comentario