martes, 14 de junio de 2022

Ruta marítima - Peregrinación a Santiago

 A asociación organiza unha peregrinación a Santiago, cunha parte moi importante da mesma por mar. Para acadar a "Compostela" (quen estea interesado en obtela) debe acreditar un percorrido de 90 millas e coma mínimo 12 quilómetros andando. Co fin de conseguir achegarnos a dito número de millas, cómpre realizar varias singraduras polas rías de Vigo e Pontevedra.

O número máximo de participantes será de 12 e  será por rigoroso orde de inscrición. Os socios/as terán, loxicamente, prioridade para participar. Está previsto levalo a cabo na última semana de xuño, comezando o venres, 24 ou sábado, 25.

Poderiase facer toda a ruta ou parte dela, sempre que esté garantido un número mínimo e suficiente de tripulantes. Falamos de catro persoas.

A ruta realizarase a gastos compartidos entre os tripulantes. A dormida será  por conta de cada un: barco, albergue, camping, hotel, etc

O orzamento estimado amósase a continuación. É posible reducilo...

ORZAMENTO GASTOS BARCO E OUTROS:

Amarre barco: 30 €/noite X 7 =        210 €

Gasoil: Estimado                             300 €

Gastos guía: Estimado                   200 €

                        Total                           710 €              

Sendo 6 persoas, quedaría en 119 €/persoa

MANUTENCIÓN:

Almorzo: Estimado 5 €/día X 6 días =     30 €

Xantar: Estimado 6 €/día X 7 días =        42 €

Cea: Estimado 15 €/día X 6 días =          90 €

                                    Total                           162 €

Entendemos que o xantar faríase a bordo, mercando pola mañá pan, bebida, conserva, queixos, etc..

O almorzo faríase en calquera cafetería que houbese preto do porto de saída. Cabería a posibilidade de levar unha cociña pequena con algunha ola ou tarteira e quentar leite con café e ter mercado o pan ou galletas.

A cea poderíase facer en calquera local que se atopase preto do porto deportivo.

 

ETAPA

DATA

DÍA

PERCORRIDO

PERNOTA

MILLAS APROX

1

24/06/22

Venres

Moaña – Santradán

Santradán

6

2

25/06/22

Sábado

Santradán – Moaña - Cangas - Portonovo

Portonovo

24

3

26/06 /22

Domingo

Portonovo – Aguete – Combarro – Pontevedra - Portonovo

Portonovo

30

4

27/06/22

Luns

Portonovo – Pedras Negras - Vilanova

Vilanova

15

5

28/06/22

Martes

Vilanova – Pontecesures

Pontecesures

 

6

29/06/22

Mércores

Pontecesures – Santiago – Pontecesures

Pontecesures

 

7

30/06/22

Xoves

Pontecesures – O Grove

O Grove

 

8

01/07/22

Venres

O Grove – Moaña

Moaña

95

 

 

 

 

 

 


A noite que o barco queda en Santradán, dormiriamos en casa.

As noites de Portonovo ou outro porto da ría de Pontevedra, poderiamos estudar a maneira de que alguén nos recollese e dormir na casa, quen quixer


 De reunir grupo suficiente para a ruta, realizaríase unha xuntanza previa para tratar todos os pormenores.

Esta planificación é meramente orientativa aínda que calquera outra tería que ser parecida polo tema do número de millas a navegar.

Información ao telefóno 651676610. Por cuestións laborais, non sempre está ao dispor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario